luns, 22 de setembro de 2014

Novos retos


Os comezos nunca son doados, non é sinxelo facer algo por primeira vez e menos cando a experiencia non acompaña pero penso que no transcurso do tempo vamos collendo mais confianza en nos mesmos e creemos mais nas cousas que facemos, ou a min paréceme.
Teño que dicir que son unha gran admiradora de Vincent Van Gogh  e podo destacar unha famosa cita del: "¿Qué sería de la vida, si no tuviéramos el valor de intentar algo nuevo?".
Esa é unha gran pregunta que non fai falla contestar posto que vive permanentemente o noso carón. Como ben dixo Sócrates na célebre cita que Carlos nos recordou, a excelencia non é un acto senón un hábito. Na miña opinión, debo intentar algo novo e se non teño a experiencia para acompañar, creala día a día, confío que as cousas semellan máis difíciles cando as pensamos que cando as poñemos en práctica .
Empecei unha carreira na rama do dereito laboral en Vigo, hai algúns anos, cando os ordenadores non eran ferramentas habituais nos alumnos. Rematei a universidade chea de ilusións nun mercado de traballo altamente competitivo na miña profesión, estiven uns anos intentando facerme un sitio nun ámbito laboral rematadamente cambiante e na que hai que investir  moito tempo e diñeiro,  estiven de alta no colexio profesional de Graduados Sociais arredor de tres anos, onde puiden facer algunhas intervencións xudiciais.
Debido a circunstancias persoais vinme na obriga de buscar novas oportunidades laborais e darme de baixa no colexio.  Xurdíronme outros traballos que nada tiñan que ver coa miña profesión, pero laboralmente mais estables onde fun capaz de realizar o reto máis importante na miña vida que foi; o de ser nai, podía compaxinar a vida familiar e o mesmo traballar. Incorporeime a plantilla nunha empresa de exportación e importación de vehículos e loxística no departamento de administración e control, anos mais tarde ca chegada da crise, chega o peche da empresa e como non hai mal que por ben non veña, os poucos días, comecei a traballar para a Consellería de Traballo e Benestar no Plan de Emprego 2010, como promotora de emprego, foi a primeira vez que tomei contacto coa profesión e a que hoxe en día considero será a miña profesión no futuro xa que a experiencia que tiven persoalmente foi moi gratificante polo que o cesar na Consellería, propúxenme participar neste posgrao que por motivos persoais, non puiden asistir a primeira edición que se celebrou na Coruña.
Empecei a miña formación académica sin ferramentas tecnolóxicas, a día de hoxe, non me imaxino a miña vida sin elas, mantéñome en contacto coa familia, amigos e coñecidos a través delas e utilízoas para mellorar a formación ( por exemplo cursos online). A consulta nas web de información para min é algo cotián e imprescindible.
En conclusión, creo nas novas oportunidades, no deber da reciclaxe profesional e na continua formación para calquera profesión, nas novas tecnoloxías e no seu uso razoable. E teño o desexo de que se siga fomentando a formación e a educación en todos os ámbitos.


 Ollo o tren!!!

 A imaxe que escollín:
É un tren que para min, representa moi ben o que todos coñecemos por " non perder o tren", non deixar pasar ningunha oportunidade que supoña unha mellora na aprendizaxe, neste caso, aproveitar o momento para facer cousas diferentes e adaptarse a novas formas de adquirir coñecementos.

domingo, 21 de setembro de 2014

PEGADAS


A miña nube de etiquetas é como podedes ver unaha pegada, con ela creo que podo abarcar al menos dous dos temas que quería comentar.

Primeiro que hai que camiñar, non podemos quedarnos estancados, esperando a que as cousas acontezan por sí soas.
Eu non teño nin idea de Orientación (de momento), Así que  vou falar dende o outro lado, desempregada, que entendo que será complementario. A miña experinecia que supoño que será como a de tantos outros, é a da desinformación.Toparse de repente sin traballo, sin ter ni idea de como funciona ahora o mercado laboral, non sin antes darse de alta no SPEG, tramitar a prestación no SEPE sin que ninguen pronunciase a verba ORIENTADOR. Vagar polas rúas en busca de información, querer entender, buscar en internet, en definitiva ter a sensación de estar en outra época.

Eu era consciente que necesitaba reciclarme porque a miña formación e a miña experiencia, para nada coinciden, e por iso que tan  só necesitaba orientación.

En unha de tantas saídas pola cidade cheguei a un lugar donde me dice que existe un servizo de Orientación do SPEG, por qué non me informaron dende un principio? Non o sei, ahí queda eso.

Teño que decir que a miña  experiencia coa primeria orientadora foi moi negativa (tan só sabía decirme que todo estaba mal e todo isto mirando de cotío o seu reloxo), pero tamén teño que decir que a segunda foi tal  que deixou en min unha gran pegada: explicoume  que as cousas cambiaron, que o mundo non funciona como hai 15 anos, que hai que moverse, formarse, reciclarse, e sobre todo aprender a desaprender  e nunca nunca resignarse, gracias a ela estou en este Posgrado.

Así que en este momento estou facendo un AFD para al menos poder acreditar a miña experinecia, e estou ademais en este curso que aínda que non o vexo como un futuro laboral (xa que hai moitos orientadores profesionales sin traballo), si teño plena esperanza en que me sirva para a min mesma, xa sexa para traballar por conta allea, ou para ser unha desas emprendedoras por necesidade porque, a verdade, madeira de emprendedora no teño, quén sabe podo ter un "flash"!!!!!

Creo nas persoas, nos equipos,  e penso que hai que deixar pegadas o andar, hai que implicarse. Comparto a idea do taxista de Oviedo de ser unha persoa  común, pero o contrario ca el  non quero facer cousas de forma extraordinaria, se non de forma EXCELENTE.

venres, 19 de setembro de 2014

CHOIVA DE IDEAS!!





Boas compañeir@s!!

Ante todo dicir que son novata nestes temas, tanto de escribir no blog como creación do tagxedo. Tamén destacar que a escritura realmente non é o meu,... pero en fin OS DEBERES SON OS DEBERES!!!


Como podendes observar a imaxen que elexín foi un PARAUGAS!! xa sei que estandes aburridos de usalo estos días de tanta chuvia. Para min esta imaxe significa unha chuvia de ideas, "gotiñas" de adxetivos e palabras que significan para min este curso. Esas gotiñas son: práctico, positivo, aproveitoso, dinámico, compromiso, aptitudes, coñecemento.....etc. 

Decirvos que eu non me dedico específicamente o ámbito da orientación, e iso foi o principal motivo polo que me animei realizar este curso: para ampliar coñecementos neste campo de traballo e polos en práctica na miña profesión (Traballo Social).



xoves, 18 de setembro de 2014

Decisións, circunstancias...e chaves


Empezamos ben. Levo un rato sentado diante do ordenador coa sensación de "medo escénico" ó folio en blanco, neste caso á pantalla. É a miña primeira vez, o confeso. Nunca escribira nun blog. Pero ás circunstancias lévanme aquí.
É o segundo intento. O primeiro acabo de perdelo cando estaba case rematado...cousas da tecnoloxía...ou torpeza miña, máis probablemente.
En fin, que xa non sei si lembrarei o que ía escribir.

A miña reflexión vai de decisións e circunstancias. Ás veces unha circunstancia absolutamente casual, fai que o noso camiño cambie. E as decisións que tomamos van moldeando ese camiño: no persoal, no laboral...

Eu decidín estudiar empresariais: a economía, os custos, a oferta e a demanda, os precios, a inversión, a financiación, Keynes (¿lembrades?), a empresa, o marketing...
Ó rematar pensas que vas ir por aí, que vas para un departamento de contabilidade, para un banco, para un sociedade de inversión, de auténtico "bróker"...

Pero...as circunstancias e as decisións. Aí están. E as miñas, despois de levarme de modo testimonial á banca, puxéronme diante de algo "novo": o inmenso mundo dos recursos humanos.
Empecei polo sector do traballo temporal, unha boa primeira experiencia, aprendín moito e variado.
Pero as circunstancias, outra vez, imprevisibles case sempre, leváronme a tomar unha decisión de cambio: e aí cheguei ó ámbito da xestión da formación continua e ocupacional. Algo totalmente novo para mín.
E despois de moitos anos, cando pensas que sempre vas seguir facendo iso...¡zas!: circunstancias...e cambio.
E aquí estamos: orientación, formación (aí seguimos), intermediación, prospección...
En fin, como vedes, xa case non queda rastro de aquel proxecto de economista que acabou a carreira.


A miña imaxe é unha chave. ¿Por qué? As chaves abren portas...claro, é obvio.

Na nosa faceta de orientadores, tentamos dun modo ou outro, facilitarlle ás persoas, "chaves" para abrirse camiño, ou novas vías no mercado laboral: formación, reciclaxe, orientación, competencias, intermediación..."chaves" para que abran "portas" por si mesmos.
Logo, neste curso, cambiamos os papeis en certo modo: é a nos a quen nos facilitan "chaves" en forma ferramentas dixitais, tecnolóxicas, redes sociais, recursos compartidos, sinerxias, coñecementos...para que as poidamos aplicar no noso traballo, incluso compartíndoas cos nosos usuarios.

Competencias, tecnoloxía, formación, ferramentas dixitais, orientación...chaves para a mellora da empregabilidade...chaves para nos.


ABRINDO O CAMIÑO

ABRINDO CAMIÑO, evidentemente  acompañada dunha estrela que sempre nos ilumina.




Iniciei o camiño sendo nova cando por circunstancias persoais me adiquei ó traballo do mar, tanto de mariscadora como na batea , cultivando mexillóns  axudando á familia e  adquirindo  as capacidades de sacrificio,esforzo,"A mal tempo ,boa cara" " Nunca choveu que non escampara" " Cando Dios o dea do mar" , aproveitando o refraneiro popular,  todas elas  actidudes positivas cun deixe tan galego!

Estudei a carreira compatibilizando mais dunha vez o estudo e o traballo, ata que o conseguín.

Simultaneei diversos traballos indo de mariscadora polas mañás e traballando en Asesoría Laboral polas tardes.... ata que conseguín un traballo a xornada completa de Axente de Denvolvemento Local nun Concello.............(xa vos seguirei contando...)

É por iso que a  os vocablos dispostos na imaxen están dentro dunha estrela, de ceo:" estrellitas y luceros que salen por el Oriente pero nunca se ponen en le poniente"; Sempre alumeando o  camiño" ou de mar, porque sempre rexeneran ; ¿ sabedes que ás estrelas de mar de cada brazo que se lle arrinca ou parte, nace unha nova estrela?, pois coma nos, que somos as estrelas da "terra" que  sempre estamos motivándonos, para reciclarnos, para innovar , para aprender, para adquirir novas habilidades , para emprender..... para poder englobalo todo nesa palabra ORIENTACIÓN, esa profesión para a que hai que ter dedicación as 24 horas e que nos leva ó mundo das redes sociais ,pero non para quedar atrapados nelas, como no mar, senón para botar novos brazos e poder transmitilo ós nosos usuarios.


http://about.me/avelinadiosorientadora