luns, 1 de decembro de 2014

Reflexión persoal sobre o marco instrumental da orientación laboral (Módulo 3)



Reflexión Marco Instrumental da Orientación Laboral




O longo deste segundo módulo tratamos temas relacionados co traballo do orientador laboral, tales como a intermediación laboral, os itinerarios de inserción, procesos individuais de orientación, axuda na toma de decisións, análise de perfís profesionais, prospección de emprego, técnicas, técnica se ferramentas para o acceso ó emprego e o autoemprego. Finalmente acabamos este módulo profundizando o plan de empresa.


Tema 11: O traballo do Orientador Laboral I. Intermediación laboral
Neste tratamos os diferentes modelos de intervención nos procesos de orientación, catalogando así tres tipos:
ü        Modelo didáctico
ü        Modelo de asesoramento
ü        Modelo centrado nos recursos
A figura do orientador debe empregar estes modelos como guías e  ferramentas flexibles e complementarias, onde se teñen que adaptar ó momento e ó usuario que participa no proceso.
Tamén se tratou os tres principios que debe basearse a orientación laboral: individualización (onde debe responder ás necesidades e circunstancias de cada participante), flexibilidade (deberá permitir unha intervención tanto individual como grupal) e desenrolo da autonomía (debe potenciar a autonomía de cada paticipante, desenvolvendo os seus recursos, habilidade e competencias).
Referente  ó marco metodolóxico de intervención en España  dicir que a orientación laboral no noso país carece dun marco académico determinado e os profesionais acceden dende distintos contextos formativos.  Non é ata a publicación do Plan Nacional de Acción para o Emprego que se consolida a atención individualizada como a máis axeitada para desenvolver a Orientación Profesional.
O modelo de metodoloxía de intervención consta, principalmente, de catro elementos básicos: a entrevista, sistema facilitador de inserción, estratexia xeral de intervención e baseada en itinerarios.
Dentro da atención á diversidade falamos sobre a actuación cos colectivos vulnerables e as pautas de actuación cos mesmos, onde se centrou na actuación co colectivo de persoas con discapacidade. Estes colectivos  presentan diversos factores que dificultan o acceso ó emprego, provocando así unha situación de desventaxa no ámbito laboral.
Tema 12: O traballo do Orientador Laboral II.Itinerarios de inserción

Este tema centrouse nos Itinerarios de Inserción Laboral, as súas características, elaboración, metodoloxía a empregar, fases do mesmo e ferramentas a empregar.



Un itinerario de inserción é un conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico  que ten como obxectivos a inserción sociolaboral e o desenvolvemento profesional dos usuarios e usuarias que participan no mesmo, especialmente a través da información e o asesoramento individual e grupal e coa participación doutras áreas do campo da inserción sociolaboral.

Este itinerario está composto por tres fases diferenciadas que conforman un proceso:
  • Un diagnóstico personalizado.
  • Unha intervención orientadora, na que coexisten actividades individuais e actividades grupais.
  • Unha supervisión ou avaliación continua.

A característica fundamental dun itinerario de inserción é a súa flexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar e capacidade de adaptación a unha contorna en constante cambio.
Esquema base para a elaboración dun itinerario de inserción laboral: acollida, orientación, formación, formación en contexto laboral, intermediación, ocupación/emprego, peche.
O itinerario de inserción sociolaboral é unha metodoloxía de traballo que se utiliza en proxectos innovadores no ámbito da inserción sociolaboral con persoas e colectivos en situación de exclusión e risco de exclusión.
A continuación vos amoso un enlace elaborado polo meu grupo INNOVA sobre as fases do itinerario:

Tema 13:  O traballo do orientador laboral III.Procesos individuais de orientación e axuda na toma de decisións
Este tema adicouse  as entrevistas de orientación laboral centrándose nas súas funcións, tipos, partes de que se compón, etc. Profundizouse tamén na entrevista de selección por competencias.

A entrevista no ámbito profesional da Orientación é un instrumento que se emprega fundamentalmente con obxectivos de asesoramento por unha banda, e por outra como medio de selección de persoal. As entrevistas poden ser: dirixidas, semidirixidas e grupais.


En toda entrevista temos que ter en conta as regras de comunicación verbal (evitar o tuteo, reformulación positiva, comentarios positivos,preparar as respostas e a forma de expresalos con anterioridade, non facilitar información prexudicial, empregar expresións de seguridade,etc.)e non verbal  (ter en conta a forma de vertir, hixiene, dar a man, expresión facial, sorriso, contacto visual, postura corporal, tics, non comer chicle, puntualidade,etc.), como tamén as expresións (que manifesten éxitos, motivación e seguridade), para así afrontar unha entrevista con éxito.


En canto a entrevista de selección por competencias dicir que esta nos permite diferenciar o rendemento medio do excelente, diferéncianos dos nosos competidores e achéganos valor engadido que favorece a atracción e retención do potencia. Cando falamos de competencias estamos a integrar tres conceptos: saber, facer e querer.
Por último trátase a Orientación Laboral na U.E, onde na actualidade os distintos Estados da comunidade dispoñen de sistemas de orientación diferentes, debido a que os seus sistemas educativos e laborais tamén son diferentes. Se a isto engadimos que cada Estado ten a súa propia tradición en orientación, chegamos á conclusión de que a organización dos servizos de orientación non responde a un único modelo, nin presenta estruturas administrativas idénticas. Na seguinte imaxe podendes observar que predominan nuns o modelo laboral, noutros o modelo educativo, outros público e privado, etc.

Tema 14:  O traballo do orientador laboral IV.Análise de perfís profesionais e prospección de emprego


Ó longo deste tema profundizamos no análise de postos de traballo onde este se converte nunha tarefa fundamental para todo profesional que dedique á orientación laboral  o coñecemento dos postos de traballo existentes, as potencias xeradoras de ocupación e as características principais que definen cada unha das ocupacións, tendencias do mercado laboral, control absoluto das redes de información.
Tamén comentamos os novos perfís profesionais vixentes na nosa comunidade, onde según o catalogo de novas profesións destacan as que están relacionadas coas novas tecnoloxías e tamén coa “falta de tempo”, tales como: agricultor urbano, analitica web, animador deportivo para a terceira idade, arquitecto de realidade aumentada, blogger profesional, etc.
Tratamos as fases, fontes e recurso da prospección empresarial.Esta se cataloga como unha ferramenta clave que permite mellorar o coñecemento da realidade empresarial, analizar a incidencia e consecuencia dos cambeos tecnoloxico e organizativos no emprego e na formación. Noutras palabras a podemos definir como:


“Acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresas, así como achegar solucións, ademais de sensibilizar ao empresariado sobre o colectivos obxecto aspectos de interese para o desenvolvemento de actitudes de responsabilidade de inserción laboral e das súas oportunidades como traballadores/as ou outros social.”


Tema 15: O traballo do orientador laboral V. Técnicas e ferramentas para o acceso ao emprego e o autoemprego

 As técnicas e ferramentas  de emprego e recursos para o autoemprego foron os puntos claves do tema 5.  Iniciouse co proceso de selecciñon e as canles de procura de traballo, seguido da elaboración do curriculum vitae (tipos e modelos), das cartas de presentación,videocurriculum, entrevistas de selección (tipos e rol playing), dinámicas de grupos para selección de persoal, prototipos de probas test. Durante esta sesión o exposto na teoría se levou na práctica con exemplos de entrevistas, dinámicas etc. Por último destacar a importancia do networking nos procesos de búsqueda activa de emprego así como de mantenemento e mellora do mesmo.



Referente os canles de procura de traballo dicir que existe un amplo abanico que todo orientador debe manexar: bolsas de traballo (portais on-line de emprego, asociacións profesionais, colexios profesionais, gremios), prensa xeralista e especializada, convocatorias de emprego público da administración estatal, autonómica e local; intermediarios entre oferta e demanda; autocandidatura e networking.

Tema 16: O traballo do orientador laboral VI. O traballo do orientador laboral VI: Elaboración do plan de empresa

Fernando Agullo nos explicou  e nos asesorou en profundidade de como é un plan de empresa coa finalidade de coñecer o seu proceso e poder asi orientar con éxito a un futuro emprendedor.


O plan de empresa conleva diversas accións, tales como: estudo do mercado, análise DAFO, análise do producto ou servizo, estratexía a seguir, previsión de ventas e análise económico e financeiro.