luns, 3 de novembro de 2014

Un novo acrónimo: PLE

O concepto
Entre novas ferramentas, novos conceptos, novas ideas que estamos a ver neste curso (e no "networking" cos compañeiros), non podían faltar as novas siglas.
E aí xurde o PLE. Segundo a Wikipedia "Un Entorno Persoal de Aprendizaxe (en inglés: Personal Learning Environment, PLE) é un sistema que axuda aos estudiantes a tomar o control e xestión da súa propia aprendizaxe. Jordi Adell o define como "Un enfoque da aprendizaxe".
Segundo como o vimos no tema correspondente, tamén o podemos definir como "un ecosistema onde conflúen as ferramentas e servizos da Web 2.0 coa súa utilización no aprendizaxe persoal".

O meu PLE
A partires deses conceptos teóricos, pareime a pensar si teño ou non teño PLE. Como podo ter algo que acabo de aprender o que é? e ademais, saber utilizalo? non estarei sobreestimando os meus coñecementos?. Pero, rebobinando a sesión presencial na que Carlos Parada o explicou, todo vese bastante mais claro, a partires dos exemplos prácticos. 
Para empezar a desenvolvelo e poder plasmalo gráficamente, o mellor era pensar no que fago cada día dende que empezo a xornada: que programas abro?, que webs consulto?, en que redes sociais participo? uso agregadores de contidos? programas de curación de contidos?...púxenme mans á obra, e iste foi o resultado:



A estrutura
Como vedes intentei estruturalo en apartados. Ademais cada apartado está enlazado a min (si, son eu, toleando de información...pero sin infoxicar) con conectores dun sentido ou de dobre sentido. Os dunha soa punta, reflicten que a información flúe só nun sentido, e dicir, só "recibo" información. Os de dúas puntas, reflicten que podo recibir ou aportar información, e como se pode ver son a maior parte: estamos a falar da Web 2.0.
Hai boletíns, prensa, servizos, o universo Google, agregadores, redes sociais...e algo mais. Moitos deles xa os viña usando dende fai tempo. Pero estou empezando a incorporar novas ferramentas, probándoas e vendo a utilidade que podo sacarlles. Porque tampouco se trata de utilizar todo o que se nos presenta por diante, se non de experimentar, e que cada un podamos ver con qué nos sentimos máis cómodos, qué nos fai optimizar o tempo e a información obtida...e qué nos gusta máis.

A min, o feito de descubrilas e probalas xa me parece divertido... case sempre. Por certo, despois de botarlle un ollo a Canva e a Piktochart, acabei facendo a imaxe do meu PLE ó modo "rústico": en Word, inserindo as imaxes previamente descargadas de Google Imaxes, e poñendo cadros de texto e conectores básicos. En fin...


Pablo Bello


Ningún comentario:

Publicar un comentario