En este módulo coñecemos os instrumentos cos que un
orientador laboral vai a traballar. Introdúcenos nos modelos de intervención
que loxicamente non son nin deben ser ríxidos, débense adaptar e personalizar a
cada usuario, xa que cada persoa é distinta e chega a xunto do orientador en condicións
moi distintas e tamén, hai que dicilo, con obxectivos moi distintos. Entendo
que é o orientador o que debe analizar cada situación e cada obxectivo,
adecuar, seleccionar ou incluso mesturar os métodos adaptándose o perfil
de cada usuario para lograr a reinserción laboral que é o fin do orientador.
A orientación debería implementarse dende o inicio da
escolaridade como unha guía que ao longo da nosa vida nos axudara a encontrar o
noso horizonte. De esta maneira incrementamos e potenciamos a calidade tanto na
nosa actuación como nas futuras actuacións, empregos etc dos nosos orientados.
Tamén sería unha maneira de reducir dende o inicio os colectivos con risco de
exclusión social, sempre partindo de que o suxeito e parte activa e
colaborativa neste proceso, axudando en todo momento a que o suxeito se autocoñeza,
descubra as súas habilidades, mellore a súas debilidades e potencie a súas
fortalezas.
Os itinerarios de inserción deberíanse levar a cabo en
profundidade, xa que posiblemente a maioría dos orientados así o demandan, en
este senso parece que hai un gran contradición entre o que os desempregados
necesitamos e o que a administración nos pode ofrecer, ben sexa por falta de
xente cualificada ou por falta de tempo para levalos a cabo.
Entendo que as acción grupais aforrarían moito tempo e
serian viables para motivación,mellora do curriculum, coñecemento dos portais
de emprego, preparación de entrevistas e incluso recoñecemento de habilidades
pero necesitaríase completalas sempre cunha atención personaliza para coñecer
mais a fondo cada individuo, adaptar modelos e técnicas de intervención e corrixir
aquilo que poida fallar nas accións grupais. E por ultimo é importantísimo
facer un seguimento de cada usuario. Por iso os itinerarios personalizados de inserción
deberían aplicarse a todo o mundo que o demande, pero si realmente se mellora a
empregabilidade, non deberían compensarse economicamente, de este xeito a persoa
acollida en este tipo de itinerarios demostraría unha voluntade clara de
mellorar a súa situación, opino que as axudas económicas deberíanse
desvincularse de estes itinerarios.
Axudar a desenvolverse e superar unha entrevista de
traballo, estudio das maneiras de comunicarse, expresións mais acertadas,
fallos na comunicaron tanto verbal como non verbal etc é unha das tarefas
propias do orientador pero ademais considero moi importante que unha vez
rematada a entrevista o usuario poida comentala con este.
Tanto coñecer os perfís profesionais cos que estamos traballando
como coñecer o mercado laboral do momento e da zona nas que estamos
desenvolvendo é labor imprescindible e penso que é realmente o que vai marcar a
diferenza e engadir valor ó noso traballo.
Así mesmo dominar as técnicas de emprego para o acceso
o mesmo, ver a súa evolución e cambios que poida haber nelas e dalas a coñecer
ós usuarios para que eles mesmos poidan de maneira activa implicarse en este
proceso.
Recoñecer perfís emprendedores, a atender, informar e
orientar en calquera caso a todo aquel que aínda non tendo un perfil claramente
emprendedor queira iniciar este camiño, dando a coñecer axudas, tanto as
que están relacionadas con impostos, como subvencións, formas xurídicas mais
recomendables, axudas para contratación de persoal etc.
Por último saber en
que consiste un plan de empresa, e sobre todo saber a donde redirixir ó usuario
para que traballen con el en este aspecto, xa que un plan de empresa creo que
precisa de mais coñecementos do que normalmente posúe un orientador , e penso que as funcións descritas anteriormente son
suficientes si realmente as leva a cabo
en profundidade.
Pode axudarnos:
Moi boa reflexión Edita ; Encántame a crítica constructiva e máis cando en gran parte coincide coa miña.
ResponderEliminar