mércores, 5 de novembro de 2014

ORIENTACIÓN PROFESIONAL E ORIENTACIÓN VOCACIONAL

A DIFERENCIA ENTRE  ORIENTACION PROFESIONAL E ORIENTACIÓN VOCACIONAL


Orientación profesional é o sistema de asesoramento e información, que trata de prestar axuda as persoas desempregadas en xeral, os que acceden ao seu primeiro emprego, tamén a aquelas persoas que desexan mellorar as súas condicións laboráis. 

Trátase  de formar as persoas nas técnicas da procura de emprego, coa utilización de técnicas consistentes na autoafirmación persoal, aumento da autoestima,  motivándoos en que todo depende deles, que deberán loitar por acadar os seus obxectivos,  instruíndoas tamén no manexo das distintas ferramentas necesarias para a consecución dos seus obxectivos, tamén nos aspectos máis elementales como pode ser  o xeito de elaborar un curriculum vitae, como preparar unha entrevista, como facer a elección das ofertas de emprego mais axeitadas ao seu perfil, incluíndo a iniciativa privada de como facerse emprendedores


A

Esta labor de orientación efectúase a través de distintos profesionais especializados pertencentes a centros públicos ou privados e dependentes do SEPECCAA ou Entidades Locais.

Orientación profesional, considerase fundamental no senso en que contribue a encauzar toda unha vida profesional, unha boa elección do camiño no que se van a utilizar as capacidades persoais pode dar lugar a un maior éxito profesional e satisfacción persoal,  que os faga medrar como persoas, e ser máis falices, polo que ten unha gran transcendencia. 




O asesoramento sobre o mercado de traballo, sectores profesionales ou ocupacións mais demandadas, procesos de búsqueda de emprego e preparación necesaria para a acceder a determinados sectores, sempre tendo en conta as aptitudes das persoas contribue a que a opción elexida sexa o mais satisfactoria posible, polo que esta labor e un proceso que non remata, senon que abrengue  toda a vida profesional,  pois o mercado de traballo e cambiante, pola aparición de novos sectores, novas tecnoloxías, medios de comunicación, e faise preciso adquirir, manter e actualizar as nosas competencias profesionais.


Tamén existe a orientación académica ou vocacional, que non pode confundirse coa orientación profesional, esta función correspóndelle ás persoas especializadas dependentes dos centros educativos (psicólogos, pedagogos, etc.).  

Esta orientación vai encamiñada as pesoas, mozos ou adultos que rematan ensinos básicos e desexan continuar a súa preparación nunha determinada área. Esta orientación é fundamental, dado que encauza as persoas no que vai a ser o seu futuro profesional; trátase de informar as persoas das distintas salidas laboráis, profesionais, e a preparación necesaria para desenvolvelas, tendo en conta as aptitudes persoais de cada indivíduo. 




Esta información debería ser o mais axeitada posible, para que de lugar á elección máis axeitada e non imposta, ou baseada en información distorsionada, que poidan recibir coa que se creen conceptos erróneos de certas ocupacións, do acceso ou saídas das mesmas ou que leven ao fracaso por ignorar as propias capacidades.

En xeral, somos moitos os que pensamos que a orientación vocacional ten unha  gran transcendencia para o futuro profesional do estudante, e concíbese como un proceso que non debe limitarse a momentos puntuais o longo do transcurso educativo do alumno, e a orientación profesional debe contribuír a que as persoas marquen un camiño na vida que sexa satisfactorio no laboral, a través dunha correcta decisión que dea lugar a unha adecuada inserción profesional, e que tamén contribúa a que cada un alcance na medida do posible, a súa realización como persoa.



Bibliografía
http://www.todofp.es/todofp/orientacion-profesional.html
http://www.comfiacontigo.es/orientacion-laboral.php

Imaxes
http://goo.gl/Zj4Ui7


Miguel Angel Fernández Gómez

1 comentario:

  1. Queria ante todo dar as Gracias a este grupo e en particular a Avelina, por invitarme a publicar o meu traballo dentro do voso Blog.
    Saudos.

    ResponderEliminar