mércores, 29 de outubro de 2014

CURACIÓN DE CONTIDOS




O contido  da rede crece dunha maneira imparable e incontrolable fomentando así  a sobrecarga informativa, tamén coñecido como INFOXICACIÓN.  Esta infoxificación o sufren moitos profesionais, onde se ven sobrecargados e colapsados de información que logo non son capaces de catalogar.



A curación de contidos, polo tanto, enténdese como esa acción de encontrar, organizar, filtrar e dotar de valor e relevancia e incluso de utilidade ó contido procedente de diferentes fontes sobre algún tema en concreto. Con outras palabras, podemos dicir que se refire a todo acto de recabar e selecccionar información relevante sobre un tema en concreto e logo ubicala nun espacio visible na web, para que todos aqueles interesados poidan vela e facer uso dela. É por tanto, bastante subxectiva, xa que depende do punto de vista do “curador”.



Dende o meu parecer, a curación de contidos aporta diversos beneficios, tales como:
  •           Aporta innovación e competividade ó profesional
  •            Formacion e o autoaprendizaxe
  •      Dispor dunha gran fonte de inspiración para crear os teus propios contidos
  •         Consigues formar parte dunha comunidade



O CURADOR será aquela persoa ou empresa dedicada a navegar na rede en busca de contidos agrupandoos e seleccionaondos e o máis axeitado  para compartir posteriormente nunha comunidade. Esta figura ven sendo un crítico  ou especialista en contidos. Hai que intentar, como curadores de contidos, non cair na tentación de copiar tal cal nos chega a información filtrada, senón que hai que intentar adaptala o máis posible a nosa comunidade  dándolle un valor adicional, como por exemplo con comentarios ou facendo unha boa selección de filtrado. Hai que saber filtrar ben a información para pasala ós nosos usuarios!!


Estamos rodeados por un entorno dixital no que se xera cada vez máis información, onde o curador de contidos de ser capaz de diseñar un proceso que lle permita:       ü        Identificar as mellores fontes de información sobre un tema determinado.
ü        Establecer un mecanismo útil de recuperación de información.
ü        Filtar o contido máis relevante.
ü        Reelaborar e enriquecer o contido filtrado cando sexa necesario.
ü        Difundir o resultado final polos cauces máis apropiados

 



A figura do orientador laboral debe saber o procedemento de saber filtrar, agrupar e compatir toda a informacións relacionandas co ámbito de traballo e saber con que información quedarse (a máis completa, mellor e a que máis pode interesar os nosos usuarios).


Carlos nos comentou que dispomos na rede dunha serie de ferramentas online que nos axudan na labor de curación de contidos, tales como o scoop.it e o feedly.


En canto o feedly decir que é un lector de RSS que nos permite organizar e ordear tódolos contidos, a parte de acceder rápidamente a tódalas noticias que son do noso interese. Ferramenta moi útil, xa que nos axuda aforrar tempo e non ter que revisar unha a unha tódalas fontes de noticias. As categorias que escollín foron as seguintes: traballo social, blogs RRHH, Diario ofiacial de Galicia, discapacidade,emprego, periódicos e seguridade social.



O soop.it permite reunir páxinas web ou artículos baixo un mesmo formato a modo de períodico. Empreguei o Scoop.it para crear un tópico sobre emprego. Dentro deste tópico insertei enlaces e articulos relevantes para o tema.






Ambas ferramentas de curación de contidos me resultaron prácticas e aproveitosas, tanto a nivel persoal como profesional, xa que con ambas podo organizar e xestionar os meus contidos de interese, alonxándome da infoxicación.






Ningún comentario:

Publicar un comentario