martes, 28 de outubro de 2014

Creación dun panel en Feedly para uso profesional e dun tópico en Sccop.it- Curación de Contidos




Despois dun par de meses no CEOL 2014 e tendo claro que un dos obxetivos principais do curso é o manexo das TIC,S emparellada á ocupación de Orientador Laboral, estaba a sufrir un empacho con tanta ferramenta nova para aprender, practicar e despois transmitir ós usuarios ( Twiter,Blogger About.me,Google +, Feddly, Scooop.it,....), porque primeiro hai que probar en propia carne o que queremos difundir e compartir.

una mujer nerviosa porque se le acumulan las cosas que leer y otra tranquila leyendo su info organizada
Sempre me considerei, rastreadora intensa de búsqueda de recursos ,para poñer á disposición dos demais, e usaba a subscrición co enderezo electrónico dalgunhas páxinas web para que me chegara a información; Pero, nos últimos tempos convertírase nunha aventura na que me vía embarcada as 24 horas do día, conectada permanentemente, eu que ata fai catro días tiña por móvil  un ladrillo (sen conexión á internet,sin Whassap....) casi un da época dos picapedra .
Chegábanme  datos de tódolos lados: no meu facebook persoal mezclábase todo o profesional, o móbil cheo de fotos recollidas da prensa con noticias e ofertas de emprego para difundir e compartir, o hotmail persoal cheo de información profesional, ......... estaba empachada , todo o verán na praia permanentemente conectada, porque na oficina non daba tempo a facer a búsqueda intensa de información!Nunca mellor dito " afogada nun mar de datos"!, para procesar e transmitir..........e de repente iniciaba setembro nun curso no que xa non me daban as horas, tiña que tomar decisións porque as horas que adicaba polas tardes á búsqueda de recursos  para difundir é transmitir ós meus usuarios tiña que adicalas ó curso.
Os meus compañeiros daban consellos: ! Non atendas mais xente sin cita!, ! Non gastes tanto tempo en atendelos!!non subas tantas cousas ó facebook do Concello", facebook que xestiono e que podedes ver pinchando aquí mesmo ! Non queiras chegar a todo!!Non gastes mais do teu tempo persoal que non cho agradecen!........... descubríno da man de Carlos a enfermidade que sufría, chamábase "Infotoxicación, estaba sobrecargada de información, mellor dito !Dominada polos contidos da Internet! .

Pero ó mesmo tempo que nos facía fincapé neste novo concepto que a maioría de nos descoñecíamos, tamén nos daba o xarope para a sanación !, palabra máxica" A curación de Contidos!.

(Resumido por Carlos: "Sistemas que traballen por nós e para nós"(non daba crédito ó que oía!), eu que rápidamente busquei na rede que significaba ese novo concepto e que sufrían a maioría dos profesionales do coñecemento , unha enfermidade da sociedade dixital do Século  XXI).


Nos presenta  o Proceso da curación de contidos:



Un proceso que xa facíamos tódolos días e non lle tiñamos nome, que consite en Buscar información, filtrala ,añadirlle valor e difundila ......, pero  a través da ferramenta  RSS  , eso  era !aquel icono que vía tantas veces e non lle tiña nome .

Para poder organizar e xestionar os  lectores rss nos presentou os mais detacados :  Feedly e Scoop it.

Feedly: Nos permite organizar e clasificar por categorías as nosas subscricións segundo os nosos intereses; Debemos entrar nas páxinas e buscar a icona lector rss   como é marcar as nosas preferencias, añadimos feedly  e podemos engadila nunha das categorías xa creadas ou nunha nova como se fose  unha biblioteca, no meu caso as categorías son varias: Normativa, Emprego, Formación, Sepe, Pensa, Sincicatos,  ....... como se pode ver na imaxe, e a partires de ahí o sistema nos notifica automáticamente das modificacións que se produciron nesa web, polo que vamos a ver os titulares das novidades; o que nos interesa podemos deixalo para ler para mais tarde, gardalo, compartilo a través da redes e por suposto eliminar o que nos interesa, a miña valoración e as miñas expectativas desta ferramenta son moi elevadas iso que está en proceso de elaboración porque me vai aforrar unha chea de tempo, inda que algunhas webs non teñen rss .

A continuación unha captura do meu feedly.





Scoop it: É unha ferramenta mais de curación de contidos , que nos permite agregar publicacións web de temas que nos interesa.
Se crea a partir de un tópico"título do noso periódico",agréganse palabras chave separadas por comas, para que posteriormente a ferramenta nos amosa unha serie de artigos que nos poden intresar e agregar ó noso Scoop.it, tamén podemos directamente dende  a ferramenta pero a min foime mais doado facelo no buscador , localizalo e engadilo; Podemos añadir valor e compartilo nas redes.

Este é o meu http://www.scoop.it/t/orienta-salnes


A verdade é que estamos aprendendo a manexar unha morea de ferramentas moi prácticas para nosa tarefa diaria de Orietnadores, tódalas profesións cambian e debemos adaptarnos " Reciclarse o morir".


Avelina Dios Romay









Ningún comentario:

Publicar un comentario