luns, 13 de outubro de 2014

A Web 2.0 para a Orientación Laboral. Reflexión grupal.

 

 

Dende o inicio do curso fómonos metendo de cheo nun mundo virtual que non deixa de ser virtual, e que o que máis nos soaba era o de “competencias dixitais” nalgúns casos; neste caso imos facer una valoración de “A Web 2.0 para a Orientación Laboral” levada a cabo o 20 de setembro de xeito presencial.




 

Algo xa coñecíamos, os mails, algo de  Google+, o Facebook, oíamos falar de Twitter que sobre todo o usaban os máis novos e o Whatsapp…, sabíamos que había algo máis pero non todo o que estamos descubrindo. 
  
O primeiro do relatorio xa foron os famosos “chíos”, que daquel paxariño,…a biodiversidade… mundial, real, pero tamén virtual de que podemos seguir, ver e comentar moitas cousas aplicadas ao terreo profesional.

As novas “palabras”, lembrádevos do noso  hashtag   #Orientacióng e non debeu de quedar claro cando fai días, aínda nolo repetía...




 
SITUACIÓN:

Comezou expoñendo Carlos  a situación na que nos atopamos, o mundo no que nos movemos, e como comercial, que tiñamos que crear:

1º.- “Un perfil de talento” - que tiñamos que amosar o noso talento, a nosa traxectoria, e as nosas expectativas dun modo innovador; que unha imaxe vale máis que mil palabras e nos larga de cheo un exemplo dunha  gravación dun Videocurrículum…(Yovijob, ferramenta para videocurrículum) -pero si fai días non queríamos nin subir a foto…-, faite visible, marca a diferencia…e a continuación:

2º.-  Únete a grupos, agrégate a comunidades, date a coñecer…pero si as únicas que coñezo son as comunidades de edificios e non quero que me coñezan,  e ademais cada vez que vamos ás reunións só hai pagos... Polo visto, nas comunidades virtuais obtés beneficios…

3º.- Apps móbiles - coñecer todo o que hai dispoñible dende o móbil, para non deixar escapar oportunidades de emprego: pero si é o móbil o que me persegue, se me indica onde estou a cada momento, e me pregunta continuamente ¿Vive usted en…? ¿Trabaja usted en…?; este verán ata me dicía: “de la playa a su casa le lleva siete minutos”.

4º.- Información oficial - manexar portais oficiais do SPEG, SEPE…..en algo estamos dacordo.

5º.- Información experta - un montón de manuais e blogs, con consellos para todo o mundo e obter un gran éxito: todo o mundo sabemos dar consellos o problema é aplicalos a un mesmo.

Polo tanto, os ORIENTADORES/AS, que temos  que saber “de todo”, debemos poñer orde e manexar novas canles de busca, medios e soportes, medios de relación profesional, novos comportamentos, novos medios de relación profesional, novas ocupacións de perfís e novos recursos na Rede. Pero si todo é novo!. Algúns estarían encantados de estar continuamente con todo novo, indo á moda: ”Tés todo novo para estrear neste outono no Corte Inglés!”.

Ó mesmo tempo de manexar todo, porque somos moi controladores, temos que preocuparnos de desenvolver a nosa propia competencia dixital, elaborar o noso propio blog, crear e construír relacións interprofesionais, explorar a nosa contorna laboral, aprender constantemente e difundir información e transmitir como experiencia: “Está claro polo que estamos aquí”, pero tamén temos que ter chaves, case mestras (porque temos que ter competencias de todo tipo). Porque imos crear artefactos dixitais“Todo un arte o de ser Orientador!”.

COMPETENCIAS: Emocionais, Relacionais, Aprender a aprender (encántanos),  Xestionar as tarefas e Dominio  das TIC.

  





Estas TIC (Competencias dixitais) son as que nos traen de cabeza a todos:    creación, información, comunicación interpersoal e social, cultura dixital. A actuación responsable nos contornos dixitais, e ¡como non!: coñecemento e dominio das novas tecnoloxías para poder aplicar e adaptarnos a tódalas posibilidades.






Témolo claro, Internet move o mundo,  temos indicadores TIC de todo tipo que nos darán a situación de España no mundo, os niveis por fogares…(en España: Eurobarómetro, ONTSI, Fundación Telefónica, Internet World Stats; incluso a nivel autonómico: OSIMGA e Axenda Dixital de Galicia).



E chegamos ó gran descubrimento do século no 1990: o famoso concepto  http:// evolucionando ata 2004 co acuñamento da nova xeración, a Web 2.0 (hai quen xa fala de 3.0), cuns beneficios claros:



A web como plataforma, o  aproveitamento da intelixencia colectiva, o sistema "Intel inside", o fin do ciclo das actualizacións de software, modelos de programación lixeiros e as experiencias enriquecedoras do usuario (en Orientación Laboral, si se sabe escoitar podemos aprender moito dos demandantes).


E agora, despois de tanta palla, analizaremos os espazos e ferramentas da Web 2.0 que cremos que teñen unha grande aplicación práctica na orientación tanto a nivel persoal como para transmitir os nosos usuarios: Lectores RSS (Nova palabra: Infoxicación -ter moita  información-), Marcadores Sociais (Folksonomia -etiquetar-) e o que máis nos trae de cabeza neste curso: As Redes Sociais,  que nos permiten  unha conversa directa e un intercambio continuo e actualizado de valiosa información para difundir, como Facebook, Pinterest, Linkedin , isto medra mais rápido que a escuma (Redes Sociais en España 2012).

Ademáis doutras ferramentas para construción de contidos (Wordpress é o mellor editor de blogs), entre outras e outros para o traballo colaborativo en liña (Drive) , ou o almacenamento na nube (Dropbox, Slideshare), creación gráfica (Canva, Picktochart…) e a palabra nova de "curación" de contidos (Storify, Scoopt it…)




En conclusión, debemos intentar utilizar todas estas novas ferramentas para o empregotransmitir unha nova “mentalidade” (adoptar unha nova postura activa), nova “filosofía” (a “rede” supón un valor clave), e usar esas novas “ferramentas”  que nos axudan a diferenciarnos  a través de, por exemplo: infografías, cartóns de visita dixitais..., saber cómo funcionan as novas aplicacións nas entrevistas de traballo (Skype), ou Vídeo-Currículum.



Aplicar tódalas ferramentas posibles para crear unha Identidade Dixital, Virtual (ata o de agora so coñecíamos o carné de identidade de toda a vida) que proxecta en internet a traxectoria persoal e profesional dunha persoa, e que debemos intentar coidar ó máximo posible  porque hai partes da nosa identidade virtual que  se crea con ou sen a nosa participación e que non podemos controlar; así que coidade a identidade dixital, na Rede todo deixa pegada, aínda que agora a reputación on-line pode suprimirse (Sentencia do Tribunal da UE "Dereito ó olvido en Internet"); iso é como o dito de “Todo se sabe “ e na rede “Lo que se  hace en las Vegas, no se queda en Las Vegas”, polo tanto OS ORIENTADORES TEMOS QUE SABER DE TODO E MÁIS, E SE VOS FIXASTES AO LONGO DO ARTIGO, TODO É NOVO, NOVA, NOVOS, NOVAS… HAI QUE APRENDER  A APRENDER PARA DESPOIS SABER DIFUNDIR E COMPARTIR.




Aquí podedes visualizar o noso storify da sesión:







Grupo INNOVA
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario