xoves, 30 de outubro de 2014

Curación de contidos

INFOXIFICACIÓN: refírese o estado de contar con demasiada información para tomar unha decisión ou permanecer informado sobre un determinado tema.


No mundo actual no que vivimos é inevitable pensar nun filtraxe da información, e aínda que eu personalmente descoñecía o término de "infoxicaión", si me decataba de que estamos saturados.

Entendo que a información tan so e útil e aproveitable cando é interesante e somos capaces de interiorizala. Para min foi unha gran sorpresa descubrir que hai ferramentas que nos permiten esta "selección a carta" para non verse inmersos en esta sobrecarga, xa que según a miña opinión estamos antepoñendo a información a comunicación.

O  feito de poder filtrar, seleccionar, escoller a información que deseamos ter supón unha liberación.


Nunca pensei que o término "compartir" me ía a resultar frívolo, pero ahora estame pasando, quizais por descoñecemento, non o dubido. Teño a impresión de que é un compartir por compartir pero sin pararnos a pensar en si a información que estamos facilitando é de calidade, de interés para o receptor.

Realmente molestámonos mui pouco en valorar a información que os demais nos procuran, e semella mais ben unha competición de publicacións, mensaxes, entradas etc donde parece que a importancia radica en emitir información.

Asi se mide a reputación dixital?

Personalmente penso que hai que adicar máis tempo a coñecer o noso entorno, compartir a nosas formas de pensar e debatir sobre elas. Con frecuencia me asombro pola maneira en que a xente usa calquer información que recibe, sin ir mais alá, sin verificar, sin analizar.

O término de “curación de contidos” proven do inglés, “content curation”, e se o aplicamos o mundo de Internet e os medios sociales consiste no proceso de filtrar, agrupar e compartir toda a información sobre un tema.

Debemos buscar, encontrar e seleccionar os contidos e informacións relevantes para distribuilos de forma segmentada, así como curar contidos e filtrar información con un obxetivo claro e ben definido.


Hai que ter en conta que a información relevante debe selo hoxe e mañá, non debe ser efímera.

Curar contidos supon manter un esforzo de búsqueda sistemático que permaneza no tempo e centrado en un ou varios temas de relevancia para os demais, así conseguimos engadir valor a información.


As ferramentas coas que contamos, totalmente descoñecidas por min ata o de agora, creo que hai que traballalas e profundizar mais sobre elas para chegar a desenvolverse medinamente ben. Si ben supoñen un gran alivio para este delicado traballo.

Estou segura de que tanto o feedly coma o scoop.it son de gran utilidad, seguramente inda mais, si cabe, a nivel profesional pero a verdade e que a día de hoxe non os estou aproveitando demasiado, precisamente porque entendo que curar contidos supon unha gran dedicación e porque como xa mencionei, a información que se da non debe ser efímera.

Loxicamente estou a falar da curación de contidos en xeral, estou totalmente segura de que son ferramentas mui útiles de cara o orientador laboral.

Feedly: é un lector de RSS que permite organizar e acceder rápidamente desde un navegador a todas as noticias e actualizacions de blogs ou outras páxinas.

Esta é unha captura do meu feedly:


Scoop.it: é unha nova forma de reunir información para mostrala e compartila de unha forma visualmente atractiva en Internet. A definición do término Inglés “scoop” é “primicia”. Tratase dun sistema que nos permite compartir contido que atopemos e nos pareza útil na red.

Esta é unha captura do meu sccop.it e o enlace: http://goo.gl/6CaL1n








Reflexión sobre curación de contidos, Feedly e Scoop.it

O proceso de curación de contidos



Este proceso - " implica manter, conservar e engadir valor á información atopada a través do seu ciclo de vida".

O concepto curación responde a unha habilidade, o curador de contidos é un especialista na materia que a demais de atopar contido relevante, achega valor engadido o seu punto de vista. Busca, atopa, e comparte o mellor e máis relevante contido, na rede, sobre un tema específico.

A sobrecarga de información que nos rodea, en especial, polos medios dixitais. Hasta fai poucos anos, vivíamos nunha sociedade da información dominada polos medios de comunicación tradicionais (prensa, televisión e radio), que eran os que, en exclusiva, obtiñan, xestionaban e difundían a información a través de periodistas profesionais. Este control da información permitíalles, filtrar, enfocar e incluso manipular o que achegaba, finalmente, ao cidadán.


Non foi hasta a popularización da web 2.0 o web social cando se democratizou o poder da información para que cada cidadán puidera xerar contidos.

A actividade do orientador/a ten moito de curador de contidos, non cabe dúbida ningunha.

Os obxectivos que ten que cumprir o curador/a de contidos:
  • Coñecer amplamente e reflexionar sobre a súa función.
  • Analizar as características do público ao que se dirixe.
  • Coñecer os criterios básicos para identificar, seleccionar e valorar información.
  • Utilizar ferramentas e métodos adecuados para manter unha revisión periódica.
  • Coñecer as características, potenciais e limitacións, de diversas ferramentas para buscar, xestionar e compartir información.
  • Ser conscientes respectar as normas básicas da propiedade intelectual e licencias da información.
  • Coñecer as características e funcionalidades de diversas redes sociais e participar nelas de maneira activa.
  • Autoavaliar a súa labor e retroalimentar a do seu público.

A sobrecarga de información que nos rodea, en especial, por los medios dixitais. Hasta hai poucos anos, vivíamos nunha sociedade da información dominada polos medios de comunicación tradicionais (prensa, televisión e radio), que eran os que, en exclusiva, obtiñan, xestionaban e difundían a información polo medio de periodistas profesionais. Este control da información permitíalles, en convivencia ou na contra de certos poderes políticos e económicos, filtrar, enfocar e incluso manipular o que achegaban, finalmente, o cidadán.

Non lle foi hasta a popularización da web 2.0 ou web social cando se democratizou o poder da información para que cada cidadán puidera xerar contidos e visualizalos, primeiro, mediante a publicación nos blogues (Blogger, Wordpress o Tumblr, como plataformas máis usuais) e, pouco máis tarde, a través de redes sociais (Twitter, Facebook LinkedIn y Google Plus, como preferentes) e mensaxería instantánea.(WhatsApp, Line, Telegram, etc.). O cidadán, neste momento, convertese, a vez, en consumidor e en periodista máis ou menos, aficionado, xerador de todo tipo de contidos multimedia, que inclúen textos imaxes, vídeos, enlaces a outras páxinas, etc.

As ferramentas que nos permiten organizar dunha forma simple e visual as nosas fontes habituais de información que nos axudan a loitar contra a infoxicación, recompilar información de interese, permítennos a demais da filtrase, as ferramentas de curación, organizar o contido, a curación mediante apartacións persoais e a redifusión do contido enriquecido a través das nosas redes.

Algunha destas ferramentas son: Paper.li, Tospy, Flipboard, iFlow, Spundge, Scoop.it , Storify.

En canto a Feedly, é unha ferramenta RSS, que nos permite organizar e clasificar as nosas subscricións
en categorías de maneira que poidadmos consultalas segundo os nosos intereses todas xuntas ou por categorías. 
A imaxe que segue pertence o meu Feedly que creei e que continuo construíndo afacéndome o seu  máis que indiscutible uso.


 https://feedly.com/#contents%2Fedit





Scoop.it , é unha páxina de selección e curación de contidos que permite filtrar noticias sobre temas do noso interese e compartilos.
É un híbrido entre un blogue e un servizo de curación de contidos que permite filtrar as noticias sobre temas do noso interese. Perfil social en onde se almacena os contidos que queiramos ter localizados na web para a súa consulta.
Aqui aparece a miña páxina ca captura do Scoop.it



 http://www.scoop.it/t/empleo-6





Storify parece estar pensado máis para a creación de contidos, Scoop.it convida máis a actualización continua e permite unha maior interacción.

 A valoración final? é positiva, penso utilizar as dúas ferramentas e familiarizarme máis con elas, polo que continuo traballando no tema.


Artigos relacionados:


 ¿Qué ventajas aporta a mi negocio curar y almacenar contenido relevante?

23/01/2014 La gestión y curación de contenidos es clave para la innovación y la competitividad de la PYME 2.0

mércores, 29 de outubro de 2014

Reflexión Marco Persoal - Mód.2 (individual)


 Marco Persoal


A orientación laboral xorde desde tempos remotos, pero é no S.XX cando se inicia a labor do orientador, xorde dunha maneira direccional por parte do orientador.

Na actualidade que pretende a orientación é:
  • Promover cambios, favorecer o desenvolvemento competencial.
  • Preparar para a situación de desemprego.
  • Orientar na toma de decisións, entre outras funcións.
Comézase a falar de Orientación 2.0, co uso da Web 2.0, denominada tamén social.
Fálase non de TIC senón de TAC ( Tecnoloxías da aprendizaxe e do coñecemento).

Os profesionais empezamos a utilizar as ferramentas Web 2.0 para realizar o noso traballo, pero falta moita formación aínda neste eido.

A Internet ten enormes beneficios na orientación laboral, entre as recomendacións de algúns expertos está o de coñecer e dominar as ferramentas Web 2.0, crear un blogue propio e explorar no ámbito laboral.

O perfil persoal do orientador laboral terá que cumprir cunha serie de competencias:

  • Habilidades sociais e persoais para comunicarse. coñecemento amplo da xurisprudencia sobre emprego. dominar metodoloxías didácticas.
  •  Traballo cooperativo entre profesionais do mesmo sector.
  •  Dominar técnicas de psicoloxía. ter capacidade de axustar a realidade da persoa usuaria o seu entorno sociolaboral. saber axudalo, sen dirixir a súa traxectoria só colaborando no proceso de toma de decisións.
  • Debe coñecer a oferta de emprego, facer prospeccións de emprego e planificar en base os datos extraidos. 
  • É fundamental estar actualizado, manexar as ferramentas tecnolóxicas. coñecer os elementos básicos de un programa de inserción laboral.
Vimos as claves para fixar un bo proceso de comunicación:
  • Clarificar obxectivos.
  • Acoller (acompañar o contacto visual e reforzalo con expresións positivas), preguntar (non dar nada por suposto)
  • Escoitar activamente, empatizar, reforzar, sintetizar e retroalimentación ou feedback. Moitas e importantes etiquetas.
En resumo debemos contar con:
  • Habilidades sociais
  • Intelixencia emocional ( empatía, asertividade)
  • Reforzamento ( adestrar para que a persoa chegue a un obxectivo e buscar alternativas si é o caso).
  • Traballo en equipo
  • Resolución de conflitos
  • Uso das tecnoloxías, razoable e axeitado.



A Web 2.0 ou web social é unha " denominación de orixe" que se refire a unha segunda xeración na historia de sitios web. O seu denominador común está baseado no modelo dunha comunidade de usuarios.

 Abarca unha importante variedade de redes sociais, blogues, wikis, e servizos multimedia interconectados cuxo propósito é o de intercambiar de forma áxil a información entre os usuarios e a colaboración na produción de contidos.

Trátase pois, de mellorar o entorno de aprendizaxe e poñelos en práctica a través de ferramentas da Web.

Crear contidos ou engadir, reflexionar,organizar e publicar.

Estamos aprendendo a mellorar os usos das TIC para sacar o máximo proveito delas e podelas aplicar a nosa profesión.

Aprendemos unha palabra clave na recollida de información que é a curación de contidos, aprendimos o seu significado.

O orientador laboral debe ser curador de contidos para evitar a infoxicación.






Vimos ferramentas moi prácticas, as cales, o seu uso, fan que sexa unha maneira moi intelixente de traballar, mellorando a produtividade e o esforzo e incrementando o tempo dispoñible para outras tarefas.


O seu uso debe ser transmitido os nosos orientados para que na súa búsquea de emprego ou mellora poidan e deban utilizar de cara o que xa comeza a chamarse traballador so século XXI, " traballador 2.0" e eu sumaría o de emprendedor 2.0

CURACIÓN DE CONTIDOS




O contido  da rede crece dunha maneira imparable e incontrolable fomentando así  a sobrecarga informativa, tamén coñecido como INFOXICACIÓN.  Esta infoxificación o sufren moitos profesionais, onde se ven sobrecargados e colapsados de información que logo non son capaces de catalogar.



A curación de contidos, polo tanto, enténdese como esa acción de encontrar, organizar, filtrar e dotar de valor e relevancia e incluso de utilidade ó contido procedente de diferentes fontes sobre algún tema en concreto. Con outras palabras, podemos dicir que se refire a todo acto de recabar e selecccionar información relevante sobre un tema en concreto e logo ubicala nun espacio visible na web, para que todos aqueles interesados poidan vela e facer uso dela. É por tanto, bastante subxectiva, xa que depende do punto de vista do “curador”.



Dende o meu parecer, a curación de contidos aporta diversos beneficios, tales como:
  •           Aporta innovación e competividade ó profesional
  •            Formacion e o autoaprendizaxe
  •      Dispor dunha gran fonte de inspiración para crear os teus propios contidos
  •         Consigues formar parte dunha comunidade



O CURADOR será aquela persoa ou empresa dedicada a navegar na rede en busca de contidos agrupandoos e seleccionaondos e o máis axeitado  para compartir posteriormente nunha comunidade. Esta figura ven sendo un crítico  ou especialista en contidos. Hai que intentar, como curadores de contidos, non cair na tentación de copiar tal cal nos chega a información filtrada, senón que hai que intentar adaptala o máis posible a nosa comunidade  dándolle un valor adicional, como por exemplo con comentarios ou facendo unha boa selección de filtrado. Hai que saber filtrar ben a información para pasala ós nosos usuarios!!


Estamos rodeados por un entorno dixital no que se xera cada vez máis información, onde o curador de contidos de ser capaz de diseñar un proceso que lle permita:       ü        Identificar as mellores fontes de información sobre un tema determinado.
ü        Establecer un mecanismo útil de recuperación de información.
ü        Filtar o contido máis relevante.
ü        Reelaborar e enriquecer o contido filtrado cando sexa necesario.
ü        Difundir o resultado final polos cauces máis apropiados

 



A figura do orientador laboral debe saber o procedemento de saber filtrar, agrupar e compatir toda a informacións relacionandas co ámbito de traballo e saber con que información quedarse (a máis completa, mellor e a que máis pode interesar os nosos usuarios).


Carlos nos comentou que dispomos na rede dunha serie de ferramentas online que nos axudan na labor de curación de contidos, tales como o scoop.it e o feedly.


En canto o feedly decir que é un lector de RSS que nos permite organizar e ordear tódolos contidos, a parte de acceder rápidamente a tódalas noticias que son do noso interese. Ferramenta moi útil, xa que nos axuda aforrar tempo e non ter que revisar unha a unha tódalas fontes de noticias. As categorias que escollín foron as seguintes: traballo social, blogs RRHH, Diario ofiacial de Galicia, discapacidade,emprego, periódicos e seguridade social.



O soop.it permite reunir páxinas web ou artículos baixo un mesmo formato a modo de períodico. Empreguei o Scoop.it para crear un tópico sobre emprego. Dentro deste tópico insertei enlaces e articulos relevantes para o tema.






Ambas ferramentas de curación de contidos me resultaron prácticas e aproveitosas, tanto a nivel persoal como profesional, xa que con ambas podo organizar e xestionar os meus contidos de interese, alonxándome da infoxicación.






martes, 28 de outubro de 2014

A "CURACIÓN DE CONTIDOS": NOVO CONCEPTO.

A curación de contidos. O qué?

Esta si que é una nova palabra para min (neste ámbito): “curación”. De primeiras sóame a curador, a “curandeiro”. Quizais o termo teña algo diso …
Un “curador de contidos”, segundo vimos na exposición de Carlos é “un intermediario crítico do coñecemento que busca, atopa, agrupa e comparte o mellor e máis relevante contido (na rede) sobre un tema especifico. Por tanto, o curador de contidos é un especialista na materia que ademais de atopar contido relevante, achega valor engadindo o seu punto de vista.”

Coa morea de información que podemos atopar cunha simple busca en Google acerca de calquera tema, é fundamental na nosa labor coma orientadores, a filtraxe dos contidos máis relevantes para o noso traballo. É dicir, determinar o que é importante e evitar a “infoxicación”, outra desas novas palabras que aparecen ligadas á expansión das novas tecnoloxía da información, aínda que non ten a exclusiva: trátase da saturación ou “intoxicación” por exceso de información; o desbordamento por non poder procesar toda a información que recibimos.

É aí onde aparece a necesidade da curación de contidos e das ferramentas que nos facilitan esa curación.

O proceso de curación de contidos podemos dividilo en tres fases:

       -  A filtraxe: cribar a información sobre un tema en concreto
       - A agregación: recompilar e presentar a información sobre o tema que previamente filtramos
       - A curación: manter, conservar e engadir valor a información.

A todo o proceso no seu conxunto é o que denominamos “curación de contidos”.
É tal a importancia que colleu esta función, que xa existe coma un novo perfil profesional o de “curador de contidos”.

As ferramentas.

Nas funcións do orientador laboral é preciso manexar moita información de diverso tipo: lexislación, convocatorias, estudos, estatísticas, novas de prensa, boletíns … e de diversas temáticas.
Para poder xestionar esa información de xeito eficaz e operativo, debemos:

       - Seleccionar coidadosamente as nosas fontes de información
       - Filtrar a información que nos poda resultar de proveito para nos e para as persoas que       atendemos
       - Engadirlle valor: aportar, compartir, etc.

Pero esta tarefa é inabarcable sen o uso de determinadas ferramentas. Ferramentas para filtrar e curar contidos.
Estamos a falar de: RSS, Feedly, Scoop-it, Diigo, Storify…
Non é que precisemos utilizalas todas. Cada un de nos sentirase máis cómodo ou sacaralle máis proveito a unhas ou a outras. Pero cada unha desas ferramentas, coas súas propias funcionalidades, axudaranos no noso traballo, facendo que a información que nos interesa chegue a nos sen ir “ buscala”, filtrándoa, preparándoa.

Eu mesmo: ata o de agora, antes de comezar este curso, tiña unha serie de mecanismos que ó chegar ó posto de traballo, repetíanse de xeito cotiá: consulta de determinadas fontes, boletíns, webs de diversos ámbitos, prensa, correo electrónico (moitas veces máis dunha conta), redes sociais, etc.
Cómo podemos racionalizar esas tarefas para non “infoxicar”?
Dende e meu punto de vista particular, hai dúas “regras” que nos poden facilitar moito ese traballo, optimizando os resultados e aforrando tempo:

- Ser selectivos coas fontes de información.
- Utilizar a “caixa de ferramentas” tecnolóxicas que nos resulten máis operativas e cómodas para a tarefa de recoller, filtrar e “curar” a información útil.

Porque, como dixen antes, non temos que usar todo o que “se nos poña por diante”, pero si unha combinación axeitada para cada un de nos en función do noso traballo, da información necesaria, das nosas capacidades...e por suposto, das nosas preferencias.

No meu caso, estou nunha fase de transición, na que veño utilizando as ferramentas que xa coñezo dende hai tempo, e á vez, comezo a probar e incorporar algunhas das novas que estamos a aprender. Isto tentareino reflectir no meu PLE; pero xa será outra historia.

Como mostra dunha das novas ferramentas incorporada ó meu “catálogo”, aquí deixo unha captura do meu Feedly.



Como vedes, teño cinco categorías: boletíns (Doga e Boe), Orientación e Emprego, Formación e Novas Tecnoloxías, Tecnoloxía e Prensa. E isto é so o comezo…

Tamén ando iniciándome co Scoop-it. Déixovos o enlace, pero tede en conta que está "en probas": http://www.scoop.it/t/orientacion-laboral-by-pablo-bello

Por último, quería comentar algo que para min é fundamental no momento actual na utilización das ferramentas e a información: a mobilidade. É dicir, a posibilidade de usalas en calquera sitio e momento a través dos dispositivos “portables”: móbiles, tabletas, etc. Ter “o mesmo” en calquera dispositivo, en calquera momento e sincronizado, ofrece unha enorme flexibilidade para a consulta e o traballo con cada unha delas.

Seguirei investigando. Merece a pena.
Pablo Bello

Reflexión persoal do Marco Persoal da Orientación

               

O longo deste segundo módulo tratamos temas relacionados cas competencias (habilidade sociais, comunicativas, dixitais, etc)  que debe adquirir e posuir todo orientador laboral.


Concretamente aborcouse  estes cinco temas:



Dentro do tema de orientación laboral e as súas competencias tratouse a orixe, definición da mesma, como tamén o perfil do profesional do orientador laboral e as súas áreas de intervención.

Centrouse moito neste primer tema as competencias que debe dispor a figura do orientador laboral. Fan referencia a todos eses coñecementos, destrezas e actitudes que compoñen e definen a un profesional. Dentro do campo da orientación as competencias esenciais son:

ü        Competencias teoricas e técnicas
ü        Competencias organizativas
ü        Competencias comunicativas
ü        Habilidades sociais
ü        Competencias dixitais


O tema sobre o desenvolvemento de competencias comunicativas foi exposto por  Don Fernando Aguilar, onde fixo especial fincapé os elementos, tipos e barreiras de comunicación, como tamén as técnicas de comunicación eficaz (escoita activa, xanela de johari, etc), pasos que debemos facer para fixar un bo proceso de comunicación, e todo elo o espuxo, dende o meu parecer, a través dun coloquio dinámico e interesante. 

O tema 8 está centrado nas competencias sociais, destacando a súa importancia á hora de interactuar e relacionarnos cos demais: Asertividade, empatía, intelixencia emocional, resolución de conflictos, traballo en equipo,reforzamento, etc.




A práctica dunha boa comunicación e posuir as correctas habilidades sociais son unhas das competencias esenciais que debe dominar e manexar calquera profesional que traballe con persoas, para así ter un resultado exitoso durante a intervención. Escoita activa, asertividade, empatía, retroalimentación, comunicación verbal e non verbal son un dos exemplos de habilidades comunicativas que se teñen que avivar nunha interrelación entre orientador e usuario. Saber escoitar e porse na pel da outra persoa axudan ó profesional a recopilar mellor a información e a intervir dun xeito máis eficaz.

Todas estas habilidades e competencias teñen que estar moi presentes no orientador, onde deben traballalas, pulilas e potenciales diariamente. En determinadas profesións, en onde a  relación interpersoal é moi freconte deberíase enfatizar máis a adquisición de determinadas habilidades sociais, as cales unidas ás destrezas técnicas proporcionarían un traballo de maior calidade, máis eficaz e máis satisfactorio.

Tristemente hai moitos individuos que non se relacionan de forma constructiva cos demáis, por ser: excesivamente permisivos, agresivos, intransixentes, por transmitir mal a información, non saber expresar os sentimentos, ter dificultades para concertar unha cita, etc.
A pesar da importancia demostrada das habilidades sociais en tódolos entornos, moitos profesionais non lle otorgan a importancia que posuen.



Por outra bando, dentro dos dous últimos temas (9 e 10) tratamos o tema das competencias dixitais, concretamente das novas tecnoloxías e a web 2.0.  Carlos nos adentrou no mundo das redes sociais, twitter, facebook, etc  a construcción de contido con Wordpress ou Blogger, a creación de historias a través do Storify, a curación de contidos da man de Scoop.it, etc.
Decir que para min estes últimos temas do módulo 2 os considero novedoso (moitas das ferramentas de web 2.o eran totalmente descoñecidas para min) e de gran utilidade para a orientación laboral, xa que  co coñecemento e manexo das mesmas fomentamos as nosas competencias dixitais.




Creación dun panel en Feedly para uso profesional e dun tópico en Sccop.it- Curación de Contidos




Despois dun par de meses no CEOL 2014 e tendo claro que un dos obxetivos principais do curso é o manexo das TIC,S emparellada á ocupación de Orientador Laboral, estaba a sufrir un empacho con tanta ferramenta nova para aprender, practicar e despois transmitir ós usuarios ( Twiter,Blogger About.me,Google +, Feddly, Scooop.it,....), porque primeiro hai que probar en propia carne o que queremos difundir e compartir.

una mujer nerviosa porque se le acumulan las cosas que leer y otra tranquila leyendo su info organizada
Sempre me considerei, rastreadora intensa de búsqueda de recursos ,para poñer á disposición dos demais, e usaba a subscrición co enderezo electrónico dalgunhas páxinas web para que me chegara a información; Pero, nos últimos tempos convertírase nunha aventura na que me vía embarcada as 24 horas do día, conectada permanentemente, eu que ata fai catro días tiña por móvil  un ladrillo (sen conexión á internet,sin Whassap....) casi un da época dos picapedra .
Chegábanme  datos de tódolos lados: no meu facebook persoal mezclábase todo o profesional, o móbil cheo de fotos recollidas da prensa con noticias e ofertas de emprego para difundir e compartir, o hotmail persoal cheo de información profesional, ......... estaba empachada , todo o verán na praia permanentemente conectada, porque na oficina non daba tempo a facer a búsqueda intensa de información!Nunca mellor dito " afogada nun mar de datos"!, para procesar e transmitir..........e de repente iniciaba setembro nun curso no que xa non me daban as horas, tiña que tomar decisións porque as horas que adicaba polas tardes á búsqueda de recursos  para difundir é transmitir ós meus usuarios tiña que adicalas ó curso.
Os meus compañeiros daban consellos: ! Non atendas mais xente sin cita!, ! Non gastes tanto tempo en atendelos!!non subas tantas cousas ó facebook do Concello", facebook que xestiono e que podedes ver pinchando aquí mesmo ! Non queiras chegar a todo!!Non gastes mais do teu tempo persoal que non cho agradecen!........... descubríno da man de Carlos a enfermidade que sufría, chamábase "Infotoxicación, estaba sobrecargada de información, mellor dito !Dominada polos contidos da Internet! .

Pero ó mesmo tempo que nos facía fincapé neste novo concepto que a maioría de nos descoñecíamos, tamén nos daba o xarope para a sanación !, palabra máxica" A curación de Contidos!.

(Resumido por Carlos: "Sistemas que traballen por nós e para nós"(non daba crédito ó que oía!), eu que rápidamente busquei na rede que significaba ese novo concepto e que sufrían a maioría dos profesionales do coñecemento , unha enfermidade da sociedade dixital do Século  XXI).


Nos presenta  o Proceso da curación de contidos:



Un proceso que xa facíamos tódolos días e non lle tiñamos nome, que consite en Buscar información, filtrala ,añadirlle valor e difundila ......, pero  a través da ferramenta  RSS  , eso  era !aquel icono que vía tantas veces e non lle tiña nome .

Para poder organizar e xestionar os  lectores rss nos presentou os mais detacados :  Feedly e Scoop it.

Feedly: Nos permite organizar e clasificar por categorías as nosas subscricións segundo os nosos intereses; Debemos entrar nas páxinas e buscar a icona lector rss   como é marcar as nosas preferencias, añadimos feedly  e podemos engadila nunha das categorías xa creadas ou nunha nova como se fose  unha biblioteca, no meu caso as categorías son varias: Normativa, Emprego, Formación, Sepe, Pensa, Sincicatos,  ....... como se pode ver na imaxe, e a partires de ahí o sistema nos notifica automáticamente das modificacións que se produciron nesa web, polo que vamos a ver os titulares das novidades; o que nos interesa podemos deixalo para ler para mais tarde, gardalo, compartilo a través da redes e por suposto eliminar o que nos interesa, a miña valoración e as miñas expectativas desta ferramenta son moi elevadas iso que está en proceso de elaboración porque me vai aforrar unha chea de tempo, inda que algunhas webs non teñen rss .

A continuación unha captura do meu feedly.





Scoop it: É unha ferramenta mais de curación de contidos , que nos permite agregar publicacións web de temas que nos interesa.
Se crea a partir de un tópico"título do noso periódico",agréganse palabras chave separadas por comas, para que posteriormente a ferramenta nos amosa unha serie de artigos que nos poden intresar e agregar ó noso Scoop.it, tamén podemos directamente dende  a ferramenta pero a min foime mais doado facelo no buscador , localizalo e engadilo; Podemos añadir valor e compartilo nas redes.

Este é o meu http://www.scoop.it/t/orienta-salnes


A verdade é que estamos aprendendo a manexar unha morea de ferramentas moi prácticas para nosa tarefa diaria de Orietnadores, tódalas profesións cambian e debemos adaptarnos " Reciclarse o morir".


Avelina Dios Romay









luns, 27 de outubro de 2014

Marco personal




ORIENTACIÓN LABORAL: MARCO PERSONAL


REFLEXIÓN INDIVIDUAL





A miña reflexión sobre este módulo fai fincapé sobre todo nas , habilidades e competencias de un orientador máis que nas propias funcións que entendo son máis doadas de discernir. Para isto, dado que eu non procedo do mundo da orientación e ademáis me encontro en situación de desemprego, quixen contrastar un pouco a teoría que estamos a ver en este curso coa realidade  que os  parados nos atopamos. Tamén foi unha boa proba para encontrarme a min mesma como posible futura orientadora. 

Como é obvio cando acudimos a un orientador é porque estamos “desorientados” e necesitamos: motivación,  que nos guíen hacia  outro mundo distinto o que nos encontramos, que nos axuden a asumir a realidade e que nos fagan ver  algunha maneira de salir dela.

Procedín pois a solicitar cita con varias orientadoras (en este caso  todas eran mulleres). Topeime con distintos enfoques, todos respetables por suposto, algunhos utilizan técnicas meramente informativas que obviamente  para unha persona con unhos obxectivos fixados e unha autoestima en valor son  suficientes, en outros casos  topeime co que eu realmente entendo por orientador/a , aquela persona que se implica, que coñece e analiza a  realidade de cada individuo e que  abre un abanico de direccions polas que poder  camiñar……. para poder chegar. 

Ese  orientador/a  comparoo con  aquel mestre que non so da contidos senón que indaga en cada persona para aplicar técnicas de aprendizaxe que fan que ese individuo queira avanzar: a motivación, a empatía, a comunicación.
Por outra parte entendo tamén que as circunstacias de tempo e incluso de espacio poidan limitar esta e calquer outra función.

Ante todo debemos pensar que “todos somos capaces”, solo falta que alguén, quén menos te esperes chisque un dedo e che faga ver outro camiño, para iso non é suficiente coñecer a teoría, os recursos, etc fai falta non só querer transmitir (que entendo que todo mundo quere) se non saber transmitir,e esta e para min unhas das tarefas que se torna máis difícil, non se trata de “saber mais” se non desaber transmitir  mellor



Pola outra banda estan a novas tecnoloxías como ferramentas valiosas para os tempos que vivimos, que entendo que hai que aproveitar e coñecer para así poder aplicalas nos maiores casos posibles. Dende o meu analfabetismo tecnolóxico ese é unha árdua labor, pero considero que se supera  con dedicaciónn e esforzo, lexos da a difícil tarea de ser un bon  comunicador, incluso a hora de simplemente transmitir información canto mais si falamos realmente de orientación.


O que me plantexa máis  dudas son os perfiles dixitales, precisamente por aquela área oculta da fiestra de Johari. Baixo a miña opinión o soporte dixital ou o escrito é un dos mellores caldos de cultivo  para que o individuo de a coñecer de si mesmo o que realmente considere interesante e oculte aquelo que non quere deixar ver. Supoño que os videocurriculums mermarán este risco pero aínda así considero que é algo a ter en conta. En este  senso penso que pode pasar o mesmo coa identidade dixital, mostrándonos de unha maneira que non se corresponda en absoluto coa nosa personalidade. 

Estou segura que se poderan ver moitos rasgos da nosa personalidad e actitudes  pero dudo que se deixen ver outros non menos importantes do noso carácter.
O día a día virtual non semella ser o mesmo que o día a día real.