A miña nube de etiquetas é como podedes ver unaha pegada, con ela creo que podo abarcar al menos dous dos temas que quería comentar.
Primeiro que hai que camiñar, non podemos quedarnos estancados, esperando a que as cousas acontezan por sí soas.
Eu non teño nin idea de Orientación (de momento), Así que vou falar dende o outro lado, desempregada, que entendo que será complementario. A miña experinecia que supoño que será como a de tantos outros, é a da desinformación.Toparse de repente sin traballo, sin ter ni idea de como funciona ahora o mercado laboral, non sin antes darse de alta no SPEG, tramitar a prestación no SEPE sin que ninguen pronunciase a verba ORIENTADOR. Vagar polas rúas en busca de información, querer entender, buscar en internet, en definitiva ter a sensación de estar en outra época.
Eu era consciente que necesitaba reciclarme porque a miña formación e a miña experiencia, para nada coinciden, e por iso que tan só necesitaba orientación.
En unha de tantas saídas pola cidade cheguei a un lugar donde me dice que existe un servizo de Orientación do SPEG, por qué non me informaron dende un principio? Non o sei, ahí queda eso.
Teño que decir que a miña experiencia coa primeria orientadora foi moi negativa (tan só sabía decirme que todo estaba mal e todo isto mirando de cotío o seu reloxo), pero tamén teño que decir que a segunda foi tal que deixou en min unha gran pegada: explicoume que as cousas cambiaron, que o mundo non funciona como hai 15 anos, que hai que moverse, formarse, reciclarse, e sobre todo aprender a desaprender e nunca nunca resignarse, gracias a ela estou en este Posgrado.
Así que en este momento estou facendo un AFD para al menos poder acreditar a miña experinecia, e estou ademais en este curso que aínda que non o vexo como un futuro laboral (xa que hai moitos orientadores profesionales sin traballo), si teño plena esperanza en que me sirva para a min mesma, xa sexa para traballar por conta allea, ou para ser unha desas emprendedoras por necesidade porque, a verdade, madeira de emprendedora no teño, quén sabe podo ter un "flash"!!!!!
Creo nas persoas, nos equipos, e penso que hai que deixar pegadas o andar, hai que implicarse. Comparto a idea do taxista de Oviedo de ser unha persoa común, pero o contrario ca el non quero facer cousas de forma extraordinaria, se non de forma EXCELENTE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario